O sal: O composto iónico por excelencia
Hoxe vouvos falar dun dos compostos inorgánicos máis extendidos e usados no mundo. Por outra banda, a entrada do blog de hoxe vouna facer na miña lingua nai: O Galego. Dende aquí quero poñer o meu granito de area para a Defensa da Ciencia en Galego e da busca da Normalización. Espero que vos guste...
O cloruro sódico (NaCl), ou sal común, é un composto iónico
coas propiedades típicas de este tipo de sustancias. Por elo, forma redes tridimensionais que son duras e fráxiles ó mesmo tempo, ten altos puntos de fusión e ebulición, é altamente soluble en auga e non conduce a corrente eléctrica en estado sólido pero si disolto ou fundido. Atópase na natureza en
estado sólido e tamén en disolución acuosa. Neste senso, o mineral halita
coñécese dende fai miles de anos formándose os depósitos de este mineral pola
evaporación de mares antigos. De feito, o cloruro de sodio constitúe o 80% das
sales na auga do mar (cuxo contido é dun 3% de sales en total) o cal foi
aproveitado polos antigos Exipcios para producir sal por evaporación da auga.
Porén, o NaCl atópase en moitos
outros lugares. O leite conten pequenas cantidades de sal. O petróleo cru tamén
o contén, e debe eliminarse na seu refinado cando existe máis dun 0,7% en masa.
A inxesta axeitada de sal é esencial para a saúde das persoas e dos animais.
Forma o 0,9% do sangue e das células do organismo. Debido as súas propiedades
conservadoras e de sazón, o sal é moi valioso dende hai miles de anos e na
antigüidade tiña un significado relixioso. É máis, a palabra salario derívase do salarium latino, que indicaba o pago aos soldados romanos en sal.
A pesar de ser necesaria para o correcto funcionamento do noso organismo, a sal consumida en exceso pode poñer en risco a nosa saúde. Como por exemplo a hipertensión arterial.
A importancia económica deste
composto pode percibirse pola persistencia de impostos sobre o sal, e porque a
súa produción foi con frecuencia un monopolio dos gobernos. Así, a produción
mundial de sal é de 2·108 toneladas/ano. Desta produción, as dúas
terceiras partes obtéñense da salmuera (evaporación da auga salgada) e a
terceira parte da halita.
Hoxe en día úsase máis NaCl que
calquera outro material na fabricación de sustancias químicas inorgánicas. Así
nos Estados Unidos, a metade da súa produción anual utilízase para a obtención
de cloro gasoso (Cl2) e de hidróxido sódico (NaOH) por electrólise.
Outro 20% úsase na fabricación de todo tipo de substancias, o 21% emprégase
para desconxelar estradas e só un 3% para sazonar e no procesamento de
alimentos.
Non vos quedes coa idea de que todos os compostos iónicos son sólidos de altos puntos de fusión e ebulición. De feito, existen compostos iónicos que son líquidos a temperatura ambiente e se coñecen como líquidos iónicos. Estas sustancias teñen grandes aplicacións na química verde.... pero esa é outra historia que xa contaremos noutra ocasión...
Unha aperta científic@s!!!
Comentarios
Publicar un comentario